RSS

CALENDARIO ESTACIONAL

Ao longo do curso estivermos preparando os nosos calendarios estacionais. Froitos de outono, inverno, primavera e verán. Dende infantil ata 4º animáronnos a consumir froitas facendo uns carteis impresionantes. Unha marabilla de diseño e inxenio. E un abrir o apetito pola froita de tempada. Fantástico!!

TRAZABILIDADE

Que é a trazabilidade? Un novo concepto ao que os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron achegándose ao longo deste curso.
Aquí queda un pequeno PDF do que aprendemos.




Tamén deixamos a continuación un acceso a vídeos que poden axudarvos a mellorar a vosa formación neste tema.


Enquisa comparativa Decembro-Xuño

Aquí deixamos un resumo da enquisa comparativa entre decembro 2017 e xuño 2018.


CALENDARIO DE VERÁN

E coas vacacións chega o Calendario de Verán. As froitas das que imos a gozar nas vacacións témolas recollidas neste mural feito polos vosos compañeiros de 3º e 4º. Como podedes ver aquí, xa tedes un ALIMENTO RICO E SAN PARA MEDRAR NO VERÁN!!


Froita na escola

Dende o luns, 4 de xuño e ata o venres 15, repartirase froita no recreo para todo o alumnado. Este é o segundo período de froita pentencente ao programa "Froita na Escola". Moitos nenos e nenas están encantados de non ter que traer merenda e de poder compartir cos compañeiros e compañeiras tan delicioso momento.

ENQUISA FINAL

TRABALLAMOS COA PIRÁMIDE

Os diferentes cursos seguen a traballar e a estudar as posibilidades da Pirámide para acadar unha dieta correcta. Están aprendendo as bases dunha alimentación saudable.